domingo, 26 de abril de 2009

CONTO INVENTADO cunha tixola, un golfiño e un zapato


AUTORES: TELMO, UXÍA, SUSI E NATI

Un día un golfiño curioso achegouse á ría de Vigo. Era a primeira vez que visitaba aquel lugar na súa curta vida. De súpeto comezou a cheirar moi moi mal:
- Que era aquel fedor? Un queixo? Peixe podre? Esa cousa negra e pegañenta da que sempre oíra falar sos seus país?
De pronto: PUM! Un zapato caeulle enriba da cabeza.
Daquela o golfiño liscou pensando:
- Que mar tan raro! Onde estarán os peixes?
Ao pouco escoitou un CHUS, CHUSSSS
- Quen me chama?
Era unha tixola grande e de moitas cores, que le dixo ao golfiño:
- Que fas ti aquí, neste mar tan porco?
- Estou buscando amiguiños e aventuras, pero agora vou ter unha nova misión: vou limpar o fondo do mar e deixalo todo nas rochas e na area para que os nenos de Vigo poidan bañarse e non se fagan daño. Así todos saberán que o lixo hai que recollelo e non deixalo na Praia nin no mar.

NORABOA POLO CONTO!!!!!

No hay comentarios: